Actualidade Chega Unreal Engine 4.25 con soporte para PlayStation 5 e Xbox Series X

Chega Unreal Engine 4.25 con soporte para PlayStation 5 e Xbox Series X

Epic Games anunciou onte o lanzamento dunha nova versión do seu motor gráfico, o Unreal Engine 4.25. Trátase dunha importante e interesante actualización, xa que unha das novas características que se implementou é otorgar soporte inicial ás consolas de nova xeración, é dicir, PS5 e Xbox Series X. «Ao longo do ano actualizaremos a marca 4.25-Plus con optimizacións, solucións e requisitos de certificación para apoiar os desenvolvedores nos lanzamentos de novos títulos», comentou a compañía.

Funcionalidades específicas como os avances no apartado sonoro, soporte para os subsistemas en liña ou para os requirimentos de certificación TRC e XR son algúns dos detalles que se engadiron. Como non pode ser doutro xeito, Unreal Engine 4.25 xa conta con posibilidade do uso do ray tracing, unha das ferramentas gráficas con maiores posibilidades para a vindeira xeración. Doutra banda, Epic continúa a traballar en Niagara VFX e nas físicas do seu motor Chaos como proxectos en fase de desenvolvemento.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.