Chegan os primeros logros á Epic Games Store
Unha das críticas que recibiu no seu lanzamento a Epic Games Store foi a ausencia de diversas características habituais noutras plataformas similares: lista de desexados, puntuacións e recensións de usuarios, posibilidade de utilizar mods e, a que hoxe semella comezar a mudar, non posuír un sistema de logros. Estes retos, habituais no resto de sistemas, desde Xbox Live a Steam ou PlayStation Network, amplían a vida útil das obras, sendo algúns usuarios especialistas en completalos todos en cada xogo.
Os responsables de Fortnite decidiron que xa era hora de que esta característica estivese presente na tenda, por iso vén de comezar unha beta na que algúns títulos selectos contarán con eles. «Algúns xogos de Epic Games Store poderían empezar a mostrar logros a medida que os desbloqueas», explican a través de Twitter. «Trátase dunha versión temperá da característica, e podes esperar cambios e axustes. Teremos máis información para compartirmos acerca dos logros no futuro, así que permanecede atentos!».
Que xogos contan agora con estes retos? Non hai unha listaxe oficial, pero si sabemos que ARK: Survival Evolved conta con algúns. É de esperar que, aos poucos, desenvolvedoras e editora vaian implementando máis.
Certain games on the Epic Games Store may begin to display achievements as you unlock them.
This is an early version of the feature and you can expect to see changes & adjustments.
We'll have more info to share on achievements in the future, so stay tuned! pic.twitter.com/80dnoLYegV
— Epic Games Store (@EpicGames) July 29, 2020