Children of Morta atrasa o seu lanzamento en Switch

Os responsábeis de 11 bit Studios decidiron atrasar un mes o lanzamento da versión para Switch de Children of Morta. Ora ben, o xogo si que mantén a súa estrea en PlayStation 4 e Xbox One para este 15 de outubro.
O rogue-like, que xa está dispoñíbel en PC. onde contou cunha excelente recepción, permítenos coñecer a historia dunha familia que loita contra as forzas escuras.
O estudio que está detrás da obra, Dead Mage, asina un comunicado nas súas redes sociais no que explican que non queren facer perigar a calidade do produto final, así, o 20 de novembro é a nova data para a máquina híbrida de Nintendo.
Dear Family,
we have an important announcement to make: Children of Morta for Nintendo Switch needs another month.
Thank you for your understanding and patience. ? pic.twitter.com/4PolHoToZN
— Children of Morta (@ChildrenOfMorta) October 7, 2019