Children of Morta promete novo contido ao longo do 2020
Foi un dos títulos independentes máis exitosos deste 2019 que termina, por iso non é de estrañar que Dead Mage queira expandir o seu universo e ampliar a experiencia orixinal durante o vindeiro ano. A obra editada por 11 bit studios recibirá abundante contido de balde e un DLC de pago que ampliará a historia con misións, inimigos e outros desafíos.
Por se aínda non o coñeces, Children of Morta trátase dun roguelike con aspecto pixel-art no que controlamos á familia Bergson, unha de personaxes que se debe internar nas profundidades do mundo para facer fronte a unhas ameazantes criaturas. Cada membro posúe unhas habilidades únicas e un estilo de combate de seu.
Un mapa ben detallado
Os novos engadidos que recibirá o xogo pasan por ser un nivel de dificultade extra —máis difícil— e ampliar en máis de 20 obxectos o inventario de xemas e reliquias dos personaxes. Os que xa completaron a aventura poderán superar o modo Nova Partida +, que virá aderezado con novos retos, por suposto. A cousa non acaba aquí. Dead Mage tamén engadirá un novo personaxe xogable e un modo cooperativo en liña.
A estes contidos de balde hai que sumar un novo modo de xogo, Endless, e un conxunto de obxectos. En forma de DLC de pago aterrará The Uncharted Lands, que engadirá misións principais, historia, inemigos e todo o que se pode agardar dunha expansión deste tipo.

Imaxe proporcionada por Dead Mage para indicar os seus plans de futuro.




