Actualidade Cinco vídeos para resumir a historia de Kingdom Hearts

Cinco vídeos para resumir a historia de Kingdom Hearts

Este martes 29 de xaneiro, Square Enix lanzará oficialmente Kingdom Hearts 3 para PlayStation 4 e Xbox One. Pecharase así un dos capítulos máis importantes dentro dunha das tramas máis enormes e complexas que a industria do videoxogo lembra. O que empezou cunha curiosa fusión entre Disney e Final Fantasy acabou por converterse nunha franquía con millóns de fans en todo o mundo.

Sora visitará por primeira vez o mundo de Big Hero 6.

A realidade é que a historia de Kingdom Hearts require de certa atención. Debido á súa longa e dilatada temporalidade (o primeiro título foi lanzado en 2002), e á súa elevada cantidade de xogos en diferentes plataformas, así como de spin- offs; non é estraño perderse detalles da narrativa e contextos que envolven a aventura de Sora.

Square Enix sábeo, por iso subiu á Rede cinco vídeos que axuden tanto a seguidores como profanos a achegarse ao arco argumental que, en teoría, porá fin a este capítulo da historia de Kingdom Hearts. Aquí podes velos subtitulados.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.