Actualidade CoD: Black Ops 4 bate récords de vendas para Activision

CoD: Black Ops 4 bate récords de vendas para Activision

Parece que CoD: Black Ops 4 será o salvador (ou polo menos reinventor) da saga Call of Duty, unha nova entrega disposta a demostrar que a franquía ten máis futuro do que cabía esperar tras unha serie de títulos de perfil baixo.

Segundo fixo saber Activision, o xogo desenvolto por Treyarch xa é o mellor lanzamento en formato dixital da historia da compañía, batendo un récord de vendas neste mercado. A editora americana non concretou cantas copias exactas despacharon, pero o que si se sabe que Sony valorouno coma o título para PlayStation 4 máis mercado en PlayStation Store no seu día de lanzamento. Case nada. O mesmo pasa con Xbox One.

Un recibimento máis que positivo

Black Ops 4 está recibindo un apoio máis que notable por parte dos usuarios. Non son poucos os streamers que estes días amosan o xogo nos seus directos e recoñecen a sorpresa de toparse cun título moi fluído, tremendamente divertido e con moitas posibilidades na súa mesma estrea.

A crítica especializada, pola súa parte, optou por definilo coma un título recomendable, con opcións a asaltar os tronos do xénero battle royale e medirse fronte a fronte co PUBG, principal competencia. O seu estilo de xogo en primeira persoa, moito máis áxil, está poñéndolle o vento ao seu favor. Haberá que ver como reacciona a comunidade nun futuro a curto e medio prazo.

En Metacritic, posúe agora mesmo unha nota de 87 sobre 100 baseado nas valoracións profesionais e de 5.1 nas de usuarios. A maioría das críticas negativas veñen dadas pola inexistencia dun modo campaña como tal.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
    • Pastel de Carne
    • En: 16 de October de 2018

    É curioso que fai uns dias escoitei que é o título con peores ventas en físico de toda a saga… Xa comeza a amosar o fouciño o ocaso dos discos (sen tempo non era…)

    Polo do éxito, habería que ver qué porcentaxe dos xogadores xogan ó CoD e quen xoga ó PUBG mellorado que crearon sobre a mesma idea.

    Ónde quero chegar? A que a campaña debe ser tan mala coma as anteriores, e o multixogador normal, segundo a front page de Twitch, tampouco é que sexa a divina papaya ..

    • Carlos Pereiro
    • En: 16 de October de 2018

    Si, tamén vin esa nova. Está claro que as vendas dixitais son cada vez máis populares. Eu, moi rara vez compro unha versión física (no PC non teño nin lector).

    Campaña non ten, xa directamente. Ao final todo queda reducido a un battle royale bastante divertido de xogar (polo que puiden eu probar) pero… A min este xénero nin me vai nin me vén.