Codename Vitriol, o novo título dos creadores de This War of Mine e Frostpunk

Codename Vitriol, o novo título dos creadores de This War of Mine e Frostpunk

11Bit Studios, editores de This War of Mine e Frostpunk, acaban de presentar o seu novo videoxogo. Leva por nome Codename Vitriol e está sen desenvolto por Fool’s Theory, un estudio que conta con veteranos da industria expertos en RPG.

«O noso xogo é un RPG profundo e moralmente ambiguo. O xogo trata sobre o lado esotérico da realidade, esa parte escura do mundo que a maioría de nós non vemos e non somos conscientes da súa existencia, pero a escuridade está aí, axexando detrás de cada esquina. Vixíanos de preto desde as sombras e, saibámolo ou non, pásanos factura, asegurándose de que imos ter unha débeda que pagar», explican desde o estudio

A historia comezará na Varsovia de principios do século XX, baixo o zarismo imperial ruso. Ora ben, sabemos pouco máis, xa que o vídeo que lanzou 11 Bit Studios só é un teaser. Este verán teremos máis novas.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados