Actualidade Colle a cámara e volve tirar fotos en Pokémon Snap

Colle a cámara e volve tirar fotos en Pokémon Snap

Grandes novas agardaban durante o Pokémon Presents que realizou Nintendo hoxe mesmo. Nova información e detalles sobre a expansión de Pokémon Espada e Escudo, cuxa primeira parte xa se atopa dispoñíbel e a segunda está programada para outubro. Porén, a sorpresa saltou cando foi anunciado o regreso de Pokémon Snap.

Máis de vintes anos despois do lanzamento da única entrega deste particular spin-off da franquía, a fotografía volve a Nintendo Switch. Aínda que non se concretou unha data para a súa chegada, si que se puideron ver múltiples imaxes do que nos espera facendo fotografías a todas e cada unha das criaturas. Podedes ver o tráiler amosado aquí abaixo:

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.