Comeza o Steam Summer of Pride con ofertas en xogos que apoian a comunidade LGTBIQ+

O Steam Summer of Pride vén de abrir as súas portas e trae diversas ofertas en xogos que visibilizan a comunidade LGTBIQ+ dentro do seu catálogo. É unha acción incluída dentro da iniciativa Summer of Pride, organizada desde inicios de xuño por MidBoss LLC para apoiar a creación de títulos onde se contempla a inclusión.
Ao longo dos vindeiros días, varias ducias de obras contarán con descuentos dentro da tienda de Valve, que habilitou un espazo en exclusiva para o evento. Que xogos podemos atopar? A continuación tes unha pequena listaxe con algunhas propostas e recomendacións:
- All Walls Must Fall por 4,99 euros
- Gone Home por 6,24 euros
- Sayonara Wild Hearts por 10,79 euros
- Super Crush KO por 8,36 euros
- Tacoma por 8,49 euros
- The Red Strings Club por 7,49 euros
As ofertas finalizan o 25 deste mes, así que bule!