Comparan o castelo de CS: GO coa súa réplica real en Eslovenia

Comparan o castelo de CS: GO coa súa réplica real en Eslovenia

A estas alturas da vida non é ningún segredo que Internet é un filón para todo aquel que guste de atopar curiosidades. 3kliksphilip é un youtubeiro especializado na creación de vídeos de Counter- Strike: Global Offensive. Nunha das súas últimas creacións, decidiu partir dunha idea moi simple pero non exenta de tolemia: comparar o castelo do xogo de Valve coa súa réplica real (o afamado castelo de Predjama, situado en Eslovenia).

Contextualizando o asunto, o castelo de Predjama é unha antiga fortaleza construída a finais do século XVI sobre a ladeira dunha montaña. Moitos xogadores de todo o mundo coñécena por estar representada en CS:GO grazas ao usuario Yanzl, que creou o escenario virtual uns anos despois de visitar o edificio co instituto.

3kliksphilip quixo comprobar os parecidos entre a obra real e a virtual e a súa sorpresa foi maiúscula ao descubrir que, a pesar das obvias diferenzas que poidan existir, a precisión e boa man de Yanzl foron máis que notables. Si, é certo. CS:GO eliminou o escenario de_ castle, pero os usuarios que queiran explorar o castelo poden descargalo no Workshop de Steam.

Aspecto exterior de la fortaleza.

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados