Actualidade Comparativa :: Así locen as novas consolas nun mesmo salón

Comparativa :: Así locen as novas consolas nun mesmo salón

Malia que moitas veces podemos esquecer este asunto á hora de mercar un novo elemento para casa, o tamaño do produto é máis importante do que parece. De seguro, se hai algo que un aprende cos anos é que nunca sobra espazo en ningún fogar. Quizais por iso, as ilustracións de Kei Sawada, profesional de deseño de personaxes na industria artística, tiveron un éxito masivo nas redes sociais á hora de comparar o tamaño das consolas que están por chegar ou das que aínda temos.

No fío creado por Sawada, o artista ofrece o aspecto que terá o noso salón en caso de querer que varias das máquinas convivan nun mesmo espazo. PlayStation 5 será, sen ningunha dúbida, a consola máis grande de todas. Coas especificacións oficiais sobre a mesa, calquera dos dous modelos de Sony supera por moito aos de Xbox e, por suposto, ao da híbrida de Nintendo, que case semella ser un xoguete ao seu lado.

Se tes a necesidade de ir medindo os mobles de casa, tes a continuación as medidas desta nova xeración de máquinas:

  • Xbox Series X: 301mm x 151mm x 151mm (4445 gramos)
  • Xbox Series S: 275mm x 151mm x 65mm (1928 gramos)
  • PS5: 390mm x 104mm x 260mm (4500 gramos)
  • PS5 Digital Edition: 390mm x 92mm x 260mm (3900 gramos)

A consola de Sony poñerase á venda o 19 de novembro en Europa por 499 euros con lector de discos ou 399 euros para  PlayStation 5 All Dixital. Xbox One X e Xbox S farano nove días antes,  o 10 de novembro, por ou prezo de 499 e 299 euros, respectivamente.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.