Actualidade Conta atrás para a nova aventura de Lara Croft

Conta atrás para a nova aventura de Lara Croft

Apenas faltan unhas semanas para que o novo título de Lara Croft, Shadow of the Tomb Raider, vexa a luz en Xbox, PS4 e PC. O regreso de Lara supón a terceira obra dende o reinicio da súa franquicia, e será o punto final a unha triloxía iniciada por Crystal Dynamics e que fixo voltar a mítica arqueóloga ao máis alto das listas de éxitos dos videoxogos.

Polo pronto, Square Enix vén de especificar os requisitos mínimos que necesitará esta nova aventura en PC:

Mínimos

  • SO: Windows 7 64 bit
  • Procesador: i3-3220 INTEL or AMD Equilevant
  • Memoria: 8 GB de RAM
  • Gráficos: Nvidia GTX 660/GTX 1050 or AMD Radeon HD 7770
  • DirectX: Versión 11
  • Almacenamento: 40 GB de espacio disponible

Recomendados

  • SO: Windows 10 64-bit
  • Procesador: Intel Core i7 4770K, 3.40 Ghz or AMD Ryzen 5 1600, 3.20 Ghz
  • Memoria: 16 GB de RAM
  • Gráficos: Nvidia GTX 1060 6GB or AMD Radeon RX 480, 8GB
  • DirectX: Versión 12
  • Almacenamento: 40 GB de espacio disponible

Os requisitos escalan dentro do esperado para un xogo do 2018. Lara Croft voltará ser a protagonista o próximo 14 de setembro, momento no que se realizará o lanzamento conxunto do título en tódalas plataformas xogables. Polo amosado pola compañía, tratarase da entrega máis madura e escura das acontecidas nos últimos tempos.

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *