Control actualízase para reducir os tempos de carga e mellorar a fluidez

Control actualízase para reducir os tempos de carga e mellorar a fluidez

Remedy Entertainment cumpriu a súa palabra e o novo paquete de actualización para Control debería arranxar os problemas de fluidez que o título rexistrou os primeiros após o seu lanzamento, sobre todo nas versións de consolas —concretamente, nos seus primeiros modelos—. Desde hoxe, o parche xa pode ser descargado en PlayStation 4, aínda que pronto o estará, tamén, en PC e Xbox One.

Segundo as notas do parche, a estabilidade do xogo será mellorada en todas as plataformas, amais de traer optimizacións a sistemas e situacións específicas para mellorar a taxa de imaxes por segundo. Doutra banda, a actualización tamén reducirá os tempos de carga e corrixirá diversos bugs que detectaron e reportaron os usuarios, ademais de tentar acabar coas conxelacións en PC.

Control chegou ás tendas hai un par de semanas e recibiu criticas moi positivas por parte da crítica especializada, tamén conta co  beneplácito do público. Conta a historia de Jesse Faden, unha axente do FBC, que investiga os sucesos imposíbeis que suceden no edificio da súa axencia debido a unha ameaza chamada o Hiss.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados