Control amosa os seus primeiros 15 minutos de campaña

Control, o novo de Remedy —creadores de Alan Wake, Max Payne ou Quantum Break—, chegará a finais de agosto e configúrase como un dos títulos de acción máis rechamantes deste verán. Trátase do primeiro título multiplataforma da compañía tras traballar en exclusiva para PC e Xbox One.
O medio internacional IGN vén de presentar en exclusiva os primeiros quince minutos da súa historia, e achega unha aventura dacabalo entre a ciencia ficción e o suspense. En Control estaremos na pel de Jesse Fadden, traballadora dunha axencia especial estadounidense que lida con fenómenos paranormais e de carácter estraño.
Queres gozar dese inicio de campaña? A continuación tes o vídeo.