
Control pon data á súa chegada a PS5 e Xbox Series con melloras visuais
Xa hai data para o desembarco de Control na nova xeración (xa actual, claro). Control: Ultimate Edition, que inclúe a edición completa do título xunto coas dúas expansións publicadas polo estudio (The Foundation e AWE), mostrará ao xogo mellor que nunca, ao incluír dous modos gráficos novos: Rendemento (a 60 fps) ou Gráficos (30 fps pero con ray tracing).
A última aventura do estudio escandinavo estará dispoñíbel a partir do próximo 2 de febreiro nas tendas dixitais de Xbox e PlayStation. Quérelo en físico? Terás que esperar até o 2 de marzo.
Esta edición, prevista inicialmente para finais de 2020, comunicouse logo dun pequeno atraso na súa publicación coa idea de puír o contido xa feito e ofrecer unha mellor experiencia. Todo iso provocou certa polémica, xa que soamente poden actualizala gratis aqueles que teñan Control Ultimate Edition e non aqueles xogadores que apostasen polo xogo desde o primeiro día.
Control Ultimate Edition comes to PS5 and Xbox Series X|S with a 60fps Performance Mode and 30fps Graphics Mode (with ray-tracing)
While we work on the full trailer, enjoy a sneak peek of both modes, recorded on PS5.
Digital launch: Feb 2, 2021
Retail launch: March 2, 2021 pic.twitter.com/5CZOczBHky— Control 🔦🔻 (@ControlRemedy) December 18, 2020