
Control recibe críticas pola súa dobraxe ao castelán
Control perdeu o control da súa primeira polémica —había que facelo—. E todo sucede semanas antes da data oficial de saída do novo xogo de Remedy Entertainment. A dobraxe en castelán sufriu numerosas críticas durante este venres após a publicación de novos detalles e vídeos sobre o xogo. Foi o usuario @MParras_ps3 quen amosou un vídeo onde podía verse o traballo realizado polo equipo de dobraxe.
¿Es legal cobrar 60€ por un juego y que tenga este doblaje tan malo? Es que para hacer esto mejor no hacer nada, dejarlo en inglés y venderlo a 50€, así no insultas a tus compradores. pic.twitter.com/WJgakvfAHk
— MPARRAS (@MParras_ps3) August 9, 2019
Chama a atención en moitas secuencias que as frases e palabras non encaixarn co movemento labial. Ademais, os actores que participaron non parecen transmitir as emocións que os personaxes precisan, polo que a sensación recibida é a de estar perante un produto de baixa calidade.
Dende 505 Games, a distribuidora do título, aseguraron que este tipo de erros estarán solucionados cara a versión final o 27 de agosto. Agardamos que Control poida superar este tipo de obstáculos dentro dun par de semanas e a dobraxe non impida gozar do título.