Actualidade Cory Barlog soña e anima a creación dun xogo sobre The Mandalorian

Cory Barlog soña e anima a creación dun xogo sobre The Mandalorian

The Mandalorian converteuse no produto do universo de Star Wars máis aclamado pola crítica nestes últimos tempos, polo menos de xeito unánime. Así como a última triloxía de películas non convenceu no seu conxunto, desigual e con diversas visións que non converxeron nun mesmo punto, a serie protagonizada por Pedro Pascal si conseguiu unir a seguidores e profanos. Cory Barlog, director do último God of War, figura entre eles.

O afamado californiano publicou a través de Twitter unha mensaxe na que se permite soñar coa creación dun título ambientando neste universo presentado por Disney. «Se non hai alguén traballando nun gran xogo de The Mandalorian para un xogador, onde xogues como un cazarrecompensas que viaxa na súa nave de sistema en sistema, recollendo recompensas, mellorando a súa armadura Beskar e entrando en aventuras, entón de verdade que non se que demos estamos a facer aquí», reza o primeiro dunha serie de chíos similares.

Entre as miles de respostas que foron aparecendo, destaca a de Celia Hodent, extrabajadora de LucasArts, que simplemente di: «Tentámolo». Unha referencia a Star Wars: 1313, xogo cancelado hai varios anos que ía ter a Boba Fett como protagonista. Un título de acción en terceira persoa, dun xogador, onde percorrer os baixos fondos de Coruscant, cazando maleantes e destapando un complot criminal.

O proxecto orixinal foi cancelado cando xa había bastante información sobre el, incluíndo dous adiantos que aínda gardaban o misterio de quen sería o seu protagonista. Coa chegada de Disney, LucasArts desapareceu e todos os seus proxectos sufriron o mesmo destino.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.