Actualidade Counter-Strike: Global Offensive supera o millón de xogadores durante a fin de semana

Counter-Strike: Global Offensive supera o millón de xogadores durante a fin de semana

O repertorio de récords durante a epidemia da COVID-19 no mundo dos videoxogos non para de engadir novos rexistros á súa lista. Chegou o momento de todo un xigante da industria, Counter-Strike: Global Offensive, que vén de superar a barreira de máis de 1,3 millóns de xogadores durante esta fin de semana, superando a outro coloso como DOTA 2.

Steam está a ser anfitrión de moitos rexistros, xa que o título chegou a un millón de usuarios a principios de marzo e após esta última cifra colócase como o segundo xogo máis xogado da historia da plataforma, só por detrás de PUBG con 3,2 millóns de xogadores. A tenda de Valve tamén acadou grandes rexistros durante as últimas semanas, chegando ao seu pico máximo de usuarios únicos utilizando Steam.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.