Actualidade Crash Bandicoot 4 aterrará en PS5, Series X|S e Switch o vindeiro 12 de marzo

Crash Bandicoot 4 aterrará en PS5, Series X|S e Switch o vindeiro 12 de marzo

Crash Bandicoot 4: It’s About Time! xa estaba dispoñíbel en Xbox One e PlayStation 4, por iso só era cuestión de tempo que dese o salto á nova xeración, amais tamén de aterrar en Nintendo Switch e PC. Hai data: o 12 de marzo é o día elixido para tal asunto. Ollo, en PC tardará un chisco máis, embora, será este ano, e será distribuído a través de Battle.net, o lanzador de Activision.

Por suposto, é de imaxinar que a versión de Nintendo Switch sacrificará algúns elementos visuais que si estarán nas versións de nova xeración, peante a idea de manter os 30 fps aos que tentaba correr N.Sande Trilogy. Os desenvolvedores, amais de incidir neste aspecto, prometen unha resolución 1080p no dock e 720p no modo portátil.

Emporiso, as novidades máis importantes das novas versións chegan da man de Xbox e PS5. Aquí alcanzaranse os 4K e as sesenta imaxes por segundo, deixando atrás as versións de PS4 e One, que sufrían un pouco mesmo nas súas mellores versións (Pro e X) para manter o xogo estable ao cen por cen.

Como é habitual dun tempo para acó, se xa tes o título nas consolas da pasada xeración, pasar á nova versión sae gratis: desde a Store de PS5 ou vía Smart Delivery, no caso de Microsoft, poderás descargar o novo port cando toque.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.