Crash Team Racing recibirá máis DLCs de balde esta semana

Os responsábeis de Crash Team Racing Nitro-Fueled anunciaron novos detalles do novo Grand Prix.
A través dunha actualización chamada Circo de Neón, serán engadidos novos contidos adicionais este 8 de novembro, venres, de forma gratuíta. Kola do Entroido será o novo circuíto, e Koala Kong, o novo personaxe. «Será o mestre de cerimonias da nova pista, un gran espectáculo que desafiará até á mesma morte, como só Koala podería facelo», sinala Activision no anuncio oficial remitido aos medios.
Ring Rally será o novo modo de xogo arcade local, no que os xogadores deberán dominar cada pista e completar os desafíos para gañar Nitro. Ademais, incluiranse karts como o Nitro Bumper, o Pressurizer ou o Daredevil.
The circus is in town for this Grand Prix! Including a new track, characters, items, and challenges. Starting November 8 at 7:00 AM PT (3:00 PM UTC). pic.twitter.com/ZGUNOPRpm2
— Crash Bandicoot (@CrashBandicoot) November 6, 2019