Crece a polémica dos xogadores profesionais coa súa presenza nos FIFA
Foi Zlatan Ibrahimović o que comezou a polémica, e malia que EA Sports quixo dala por resolta de forma rápida, semella que o asunto se vai enquistar nos vindeiros días. Esta mesma semana, o xogador sueco comentaba nas súas redes sociais que investigaría porque estaba incluído no último FIFA se o non lembraba asinar nada nin recibir ningunha petición de permiso. Bale, o xogador do Real Madrid, tamén se uniría a esta queixa.
Who gave FIFA EA Sport permission to use my name and face? @FIFPro? I’m not aware to be a member of Fifpro and if I am I was put there without any real knowledge through some weird manouver.
And for sure I never allowed @FIFAcom or Fifpro to make money using me— Zlatan Ibrahimović (@Ibra_official) November 23, 2020
EA Sports non tardou en responder e tentar solucionar toda a polémica. A desenvolvedora asegura que esta «non é a nosa loita», pois sería unha batalla legal, en todo caso, entre os axentes de futbolistas e FIFPro.
> O medio The Telegraph acaba de publicar un artigo onde sinala que até 300 xogadores están dispostos a apoiar o xogador sueco na súa loita polos seus dereitos. Ao carro da polémica subiuse o coñecido representante de futbolistas Mino Raiola, que asegura que isto é tan só «o principio dunha revolución que reescribirá o sistema».