Actualidade
Cris Tales atrasa o seu lanzamento até o 2021 en todas as plataformas
Toca armarse de paciencia. Cris Tales atrasa o seu lanzamento previsto para o 17 de novembro e non será até o 2021, nunha data por determinar, cando podamos xogalo finalmente. Todas as plataformas víronse afectadas neste atraso, incluídas a actual e a futura xeración de consolas.
Como adoita ser habitual nestes casos, desde Modus Games lamentaron este atraso, xa que queren ofrecer a mellor versión posíbel do título. Recentemente puido probarse unha demo do xogo anunciado no E3 2019, no que o apartado artístico xunto coa habilidade de viaxar tanto ao pasado como ao futuro brillaban por si sós.