Crying Suns xa está dispoñible gratis na EGS e en sete días, Star Wars Battlefront 2

Despois de regalar máis unha ducia de xogos este Nadal, tendo como última sorpresa Jurassic World Evolution, Epic Games Store continúa a ofrecer o seu xogo gratuíto semanal. É a quenda de Crying Suns, un título rogue-lite que permite explorar un imperio caído desde o punto de vista dun almirante que busca a verdade, con fortes inspiracións en obras de ciencia ficción de Asimov ou Frank Herbert.
Ademais, a plataforma de venda de videoxogos tamén desvelou cal será o título para regalar a próxima semana. Trátase de Star Wars Battlefront II no seu Celebration Edition. Nada mal para empezar o ano entre blasters e sabres láser. Estará dispoñible do 14 ao 21 de xaneiro.