Crytek chega a un acordo cos autores de Star Citizen
Crytek e os deseñadores de Star Citizen enterrarán a machada de guerra. Despois de varios anos de disputas legais, Cloud Imperium Games e Roberts Space Industries foron quen de chegar a un acordo coa empresa alemá para finalizar o conflito.
A resolución chega desde os xulgados californianos e pon fin a unha loita intelectual longa e complexa. No anuncio público non se detallan demasiados detalles, pero semella que as dúas partes implicadas resolveron os problemas e nos próximos trinta días o acordo deberá materializarse en algo tanxíbel.
Crytek demandou a Cloud Imperium no ano 2017 polo desenvolvemento de Squadron 42, hoxe coñecido como a campaña para un xogador de Star Citizen, antes exposto como un xogo aparte. Segundo os alemáns, o acordo orixinal co estudio permitía o uso do CryEngine para un xogo, pero non para dous, de aí a liorta legal.




