Actualidade Crytek confirma a chegada de Crysis Remastered para esta xeración

Crytek confirma a chegada de Crysis Remastered para esta xeración

Após crear unha gran expectación ao publicar un tweet na súa conta despois de tres ano, a web oficial de Crytek confirmou a chegada de Crysis Remastered. Grazas ao usuario lashman, podemos comprobar que o clásico shooter en primeira persoa recibirá unha posta a punto para a súa chegada ás consolas desta xeración.

«Crysis Remastered ofrece novas funcións gráficas, texturas de alta calidade e a posibilidade de ray-tracing API agnóstica nativa do hardware para PC, PlayStation, Xbox e, por primeira vez, Nintendo Switch», reza a mensaxe na páxina da compañía. Mesmo se filtrou unha imaxe promocional do título, cuxa versión orixinal foi publicada en 2007 e que durante moitos anos converteuse en todo un referente grazas ao seu apartado técnico.

A chegada á consola de Nintendo supón unha das principais novidades do regreso do xogo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.