Cuphead, dous anos de vida e cinco millóns de copias despachadas

Cuphead, dous anos de vida e cinco millóns de copias despachadas

En Studio MDHR están de celebración. O día que Cupdhead, a súa obra insigne, cumpre dous anos de vida, a empresa tamén confirma que o celebrado xogo de plataformas e acción vendeu nada menos que cinco millóns de unidades en todo o mundo.

O éxito de Cuphead é un feito evidente e sen peros. O seu fenomenal deseño artístico, así como a súa elevada dificultade, propiciou a súa transformación nun dos títulos independentes máis relevantes do último lustro.

Aínda non o tes? Os seus responsables anunciaron un 20 % de desconto en todas as versións —Xbox One, Nintendo Switch, Windows Store e Steam—, quedando nuns tentadores 15,99 euros.

Na actualidade, Studio MDHR está a traballar na expansión que supoñerá The Delicious Last Course, lanzamento que de seguro volverá aumentar as vendas da obra orixinal.

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados