Actualidade Cyberpunk 2077 adía a súa data de lanzamento para o vindeiro novembro

Cyberpunk 2077 adía a súa data de lanzamento para o vindeiro novembro

Se hai algo que lle doe aos seguidores dun estudio é ese intre no que asisten a un novo atraso. Tócalle hoxe a un que repite. Cyberpunk 2077 adía a súa chegada programada para o 17 de setembro até o vindeiro 19 de novembro. Así o declarou CD Projekt RED, o estudio detrás do proxecto que nos levará ás rúas de Night City nun ambiente futurista.

Marcin Iwinski e Adam Badowski, principais responsábeis do xogo, aseguraron que aínda que todas as misións, escenas e contido que nos ofrecerá Cyberpunk 2077 están finalizados, precisan puír os apartados das mecánicas e os múltiples bugs que aínda suceden durante as partidas.

Iso, o 25 de xuño teremos o evento Night City Wire, no que esperan amosar novo gameplay do xogo e poder ir facendo fame. Toca agardar un chisco máis.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.