Cyberpunk 2077 adianta que non deixará de lado a Steam

The Division 2, Metro Exodus… Dous grandes títulos que este ano deron as costas á plataforma de Valve. Con todo, Steam segue sendo a tenda dixital de videoxogos por antonomasia, e semella que CD Projekt RED é plenamente consciente disto.
A través da conta oficial do videoxogo futurista en Twitter, negouse a posibilidade de que Cyberpunk 2077 vaia ser exclusivo en PC de Epic Games Store.
Don't mess with V…
By: https://t.co/nl0Coikvfm#Cyberpunk2077 pic.twitter.com/rDXFCSpdGc
— Cyberpunk 2077 (@CyberpunkGame) February 8, 2019
Sen dúbida, é o movemento lóxico, sobre todo se temos en conta o enorme éxito do que gozou a saga de The Witcher en Steam, e a audiencia millonaria potencial que a nova obra polaca pode ter nesta plataforma. Por outro, e non menos importante, cabe sinalar que CD Projekt son propietarios de GOG. com, a tenda dixital na que tamén estará Cyberpunk 2077. Calquera trato de exclusividade con Epic sería, como pouco, anómalo.

Algúns analistas non descartan a chegada de Cyberpunk 2077 para este 2019.