Actualidade Cyberpunk 2077 amosa o seu potencial en The Gig, o seu novo adianto

Cyberpunk 2077 amosa o seu potencial en The Gig, o seu novo adianto

CD Projekt RED cumpriu co previsto e amosou na retransmisión deste xoves un novo tráiler de Cyberpunk 2077, ademais dalgunhas escenas inéditas de gameplay. Emporiso, non foi o estudio polaco o encargado de achegar novidades sobre o seu novo título, senón os medios especializados máis grandes que xa tiveron acceso ao xogo, pois xa puideron darlle ao vicio coas súas propias mans unhas catro horas.

Todos os medios coinciden nunha cousa: o novo de CD Projekt RED é, como mínimo, moi ambicioso; cun absurdo abanico de posibilidades á hora de desenvolver a súa historia, aderezado cun un xeneroso apartado técnico e unha serie de elementos xogables que o converten nunha das pirámides máis grandes que o videoxogo, como medio, viu construír.

Cyberpunk 2077 sairá en PC, PS4 e Xbox One o 19 de novembro, aínda que será compatible desde o seu lanzamento con PS5 e Xbox Series X, para as que recibirá unha mellora gráfica.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.