Cyberpunk 2077 amosa o seu primeiro gameplay en Xbox Series X e Xbox One X
Menos dun mes —outra vez— para que Cyberpunk 2077 vexa a luz. O 10 de decembro, o título de CD Projekt RED chegará ás tendas do mundo para Xbox One, PS5, Google Stadia, PS5 e Xbox Series X|S. A compañía polaca quixo mostrar desta vez como corre o xogo tanto na nova como na pasada xeración de consolas. Series X e One X foron as máquinas seleccionadas.
Oficialmente é a primeira vez que vemos o xogo nunha consola de nova xeración. Ao longo do vídeo, de dez minutos de duración, vanse intercalando as dúas versións do xogo, con diferenzas bastante mínimas. Non ía haber unha diferenza notable entre unha e outra versión? Si, pero iso será cando se lance a actualización para PS5 e Series X en 2021, sen data aínda fixa no horizonte.