Cyberpunk 2077 finaliza o seu desenvolvemento e entra en fase gold

Xa é oficial. Cyberpunk 2077 finalizou completamente o seu desenvolvemento e entrou na fase gold. Isto supón que o título xa se atopa nas condicións óptimas para a súa distribución tanto en formato físico como dixital.
Lembremos que a semana pasada tanto o título como a súa desenvolvedora CD Projekt viron como os focos da polémica dirixíanse cara a eles debido ás acusacións de crunch entre os seus traballadores. No mesmo artigo no que Jason Schreier desvelaba esta información, tamén apuntaba que o xogo se atopaba no proceso de verificación de calidade antes do seu lanzamento o vindeiro 19 de novembro.
Cyberpunk 2077 has gone gold! 📀
See you in Night City on November 19th! pic.twitter.com/s6U266Y1fp
— Cyberpunk 2077 (@CyberpunkGame) October 5, 2020