Cyberpunk 2077, nin demo nin en Xbox Game Pass

Cyberpunk 2077, nin demo nin en Xbox Game Pass

Cyberpunk 2077 elévase como unha das obras dixitais máis esperadas deste ano. A súa estrea, marcada en vermello pola comunidade, está previsto para o 19 de novembro despois de dous atrasos consecutivos. Por desgraza, CD Projekt RED confirmou, a través dunha resposta directa nas súas redes sociais, que o xogo non poderá ser probado antes do seu lanzamento. Non haberá demo de Cyberpunk 2077.

«Por desgraza, non. Crear unha demo xogable para o público require de unha chea de recursos e probas», sinala o estudio a través de Twitter. Doutra banda, o reporteiro Jeff Grubb de Venture Beat tamén preguntou se o RPG de acción en primeira persoa tamén estaría dispoñíbel en Xbox Game Pass por mor do acordo de márketing que a compañía polaca mantén con Microsoft. A resposta, de novo, foi negativa. Radek Grabowksi, director de relacións pública en CD Projekt REDE, dixo que non hai plans de Game Pass para o xogo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados