Actualidade Cyberpunk 2077 :: Pre-carga e horarios de lanzamento

Cyberpunk 2077 :: Pre-carga e horarios de lanzamento

CD Projekt RED está a piques de estrear Cyberpunk 2077. O título, que xa sufriu diversos atrasos desde que fixou a súa data de lanzamento, chegará finalmente este xoves 10 de decembro.

A compañía polaca habilitará a pre-carga da versión para PC esta tarde, ás 17 horas en GOG (a súa tenda) e ás 22 horas en Steam e Epic Games Store. En consolas, xa é posible pre-cargar o título en Xbox desde o 3 de decembro, namentres en PlayStation estara será habilitada durante a madrugada do martes.

Doutra banda, o estudio publicou nunha imaxe as horas por países nas que se poderá comezar a xogar á súa nova obra. En España poderemos entrar en Night City a partir da 1 do 10 de decembro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.