Actualidade Cyberpunk 2077 presenta en vídeo o seu completo modo foto

Cyberpunk 2077 presenta en vídeo o seu completo modo foto

A fotografía dentro do medio foi gañando moitos adeptos a ou longo dos últimos anos. Si, é unha arte lograr unha boa captura dentro dun xogo, culminar unha escena que quede para a posteridade. En xeral, os modo foto son xa un engadido habitual en case todas as producións, que ven moi atractivo poder ver logo compartido contido visual de alta calidade nas redes sociais dos seus xogadores. Cyberpunk 2077 acaba de presenta o seu.

«Feixe unha pose e captura os teus momentos favoritos en Night City co modo foto de Cyberpunk 2077!», publican os responsables do novo título de CD Projekt RED. Ao longo do seu ultimo vídeo podemos observar a enorme cantidade de posibilidades que traerá este modo, no que poderemos modificar un bo número de parámetros relacionados coa iluminación e a saturación —exposición, contraste, sombras, aberración cromática…—. Tamén poderemos poñer diferentes pousados, incluíndo o mítico encomio ao Sol, da franquía Dark Souls.

A continuación podes velo en acción:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.