Cyberpunk 2077 presentará novo gameplay a vindeira semana

CD Projekt RED foron fieis á súa palabra. Antes de rematar o verán teriamos novo gameplay de Cyberpunk 2077 e así será. O próximo 30 de agosto farase público un resumo de 15 minutos da demostración que os medios e profesionais acreditados gozaron no E3, e estes días na Gamescom 2019.
A idea inicial do estudo era mostrar esta peza audiovisual durante a PAX West que se celebra a finais de agosto, pero decidiuse, finalmente, realizar unha retransmisión desde Polonia. Ademais do gameplay, tamén se emitirán entrevistas cos responsables do proxecto que ofrecerán novos datos sobre o título.
A retranmisión realizarase a través das diferentes canles oficiais de CD Projekt. No caso que nos ocupa, a hora de inicio está prevista para as 20 horas.