Dark Souls Trilogy tamén sairá en Europa para Xbox One e PS4

Un pack cos tres xogos. Dark Souls Trilogy foi anunciado oficialmente durante a última Gamescom, pero aínda sendo a feira do sector máis importante de Europa, o novo produto non estaba destinado ao Vello Continente, e chegaría só a Estados Unidos e Xapón, en principio. Bandai Namco vén de confirmar o cambio de parecer e anunciou por sorpresa que Dark Souls Trilogy tamén sairá nas nosas fronteiras o 1 de marzo para Xbox One e PS4.
A famosa saga de FromSoftware volverá poñerse á venda nun único recompilatorio co que viaxar e percorrer o camiño creado polo xenio nipón Hidetaka Miyazaki. Así, o pack inclúe Dark Souls, recentemente remasterizado; Dark Souls 2: Scholar of the First Sin, que tamén posúe unha versión revisada para a actual xeración; e Dark Souls 3: The Fire Fades Edition. Todos os títulos contarán coas súas expansións correspondentes.
¡Una de las trilogías más icónicas de todos los tiempos al fín reunida! Dark Souls Trilogy Standard Edition, disponible el 1 de marzo de 2019.#DarkSoulsRemastered #DarkSouls2 #DarkSouls3 pic.twitter.com/3eOEUabxKp
— Bandai Namco España (@BandaiNamcoES) January 11, 2019