Darkest Dungeon II amosa un novo adianto e confirma fase de acceso anticipado

A secuela dun dos grandes títulos dos últimos anos entrará en fase de acceso anticipado nalgún momento do 2021. Así o anunciaron desde Red Hook Studios, responsábeis da obra, o que non fai máis que confirmar a información achegada polo estudio a comezos do 2020.
Os elementos roguelike estarán presentes no xogo, xunto con diferentes zonas que explorar, contrastando coa primeira entrega, que se ambientaba nunha localización fixa. A Epic Games Store acollerá a chegada de Darkest Dungeon II o ano que vén.