Actualidade Darksiders Genesis, primeiro en PC e Stadia, logo en consolas

Darksiders Genesis, primeiro en PC e Stadia, logo en consolas

O novo título da franquía Darksiders, editado por THQ Nordic, confirmou nas últimas horas que este ano só os xogadores de PC e Google Stadia poderán gozar do xogo. Dun xeito máis concreto, a partir do 5 de decembro.

Os usuarios de PlayStation 4, Xbox One ou Nintendo Switch terán de esperar até o ano que vén, cando chegue o 14 de febreiro.

Darksiders Genesis sitúase como un capítulo novo dentro da saga, ao posuír unhas mecánicas e unha cámara totalmente diferentes ao resto de títulos pasados, aínda que si que seguirá apostando pola acción e a aventura, os demos e a loita contra todo tipo de criaturas. Detrás do seu desenvolvemento está Airship Syndicate, autores do xenial Battle Chasers: Nightwar, co obxectivo de contar o principio da historia que manexa a serie. Guerra e Loita enfrontaranse a un Lucifer que ameaza o equilibrio outorgando poder aos maiores demos do inferno.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.