Actualidade Darksiders III ofrece a posibilidade de optar por un combate máis similar ao orixinal

Darksiders III ofrece a posibilidade de optar por un combate máis similar ao orixinal

Como vai a loita contra os sete pecados capitais en Darksiders III? Tanto se xa rematou coma se comezou hai uns días, os xogadores poderán agora vivir a aventura dunha maneira máis clásica. A nova actualización do título de THQ Nordic para PC permite elixir entre o combate predeterminado ou un máis similar ao dos xogos anteriores. O cambio pódese realizar en partidas tanto novas como xa iniciadas.

Este novo modo tradicional ofrece unhas mecánicas máis familiares para os que gozasen de Darksiders ou Darksiders II, ao permitir que o movemento de evasión de Furia interrompa os seus ataques e poida usar obxectos de maneira instantánea.

Non é a única novidade do parche. Tamén se agregaron novos puntos de control e mellorouse a detección de agarre da nosa protagonista. Doutra banda, o límite de nivel agora é de 200, e modificouse a curva de dificultade a partir do nivel 80, buscando equilibrar aínda máis o título.

O resto de detalles poden ser consultados na páxina do título en Steam.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *