Dauntless ponse data de lanzamento oficial: o 21 de maio

Dauntless ponse data de lanzamento oficial: o 21 de maio

Despois dun bo período de probas e correccións na súa propia plataforma para PC, Phoenix Labs decidiu dar o paso prometido e lanzar Dauntless este 21 de maio. O título, que navega polos mares do xénero da caza de bestas xigantes e a acción multixogador ao Monster Hunter, chegará a PlayStation 4, Xbox One e PC, concretamente, e tal como se anunciou no seu día, á Epic Games Store.

O lanzamento tamén se celebrará cun novo pase de caza, similar ao de calquera outro xogo cun pase de batalla. A estrea de Dauntless chegará con diversas melloras que afectarán tanto á campaña, que sufrirá unha reformulación; e a algúns elementos da interface. Doutra banda, tamén se axustarán diversos parámetros en relación coa progresión e a economía interna da propia aventura, para axudar na subida de rangos, mestrías e comprensión das misións.

As versións para Nintendo Switch e móbiles chegarán tamén este 2019, pero máis adiante. Phoenix Labs avisa aos usuarios que estes son os últimos días para adquirir paquetes de apoio (Dauntless é un xogo gratuíto) desne a propia web oficial. Que inclúen estes packs? Cosméticos e moedas premium para empezar un pouco máis bendicidos que a maioría.

 Dauntless atópase moi influenciado por xogos como Monster Hunter World.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados