Days Gone actualízase reducindo o seu espazo no disco duro

Days Gone actualízase reducindo o seu espazo no disco duro

Se hai algo que merece o noso respecto, ben podería ser a palabara dedicación; máis aínda se temos en conta as fochancas iniciais, como as que sufriu Days Gone após o seu lanzamento en abril do ano pasado. O exclusivo de PS4 recibiu varias actualizacións dun peso considerábel, coas que se pretendía mellorar o rendemento do título. Agora, o xogo de Bend Studio recibe o parche 1.61, o cal reduce considerablemente o espazo que ocupa o xogo na consola de Sony.

Tal e como se pode comprobar no subreddit oficial do título, existen numerosos usuarios que sinalan que o título ocupa case 50 GB; por iso, despois de aplicar esta actualización, o tamaño de Days Gone reducirase até aproximadamente os 38 GB, liberando gran espazo no disco duro.

Porén, o parche 1.61 inclúe moitas outras novidades. Desde Bend Studio apuntan a «melloras xerais en optimización e estabilidade», ademais de solucionar os seguintes erros:

  • A recompensa da misión «Máis vale que acendas unha luz» conseguirase correctamente
  • A puntuación contabilizarase após utilizarmos tanques de osíxeno nos desafíos «Reloaded»
  • A misión «O espía anarquista» reiniciará as trampas adecuadamente se fracasas durante a misión
  • As focos do helicóptero da misión «Sae da nada» foron arranxados

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados