Actualidade Days Gone corrixe diversos erros coa versión 1.05 e mellora o seu rendemento

Days Gone corrixe diversos erros coa versión 1.05 e mellora o seu rendemento

Deespois do seu parche do día un, os creadores de Days Gone continúan puíndo o novo exclusivo de Sony. A actualización 1.05 introduce diversas correccións como a eliminación de bugs que facían que o xogo se colgase. Tamén corrixe problemas de lag e mellora o rendemento e a estabilidade da imaxe e os seus fotogramas por segundo en varias zonas.

Nos días próximos agárdase a chegada de novos mini parches xa que non poucos usuarios reportaron problemas co son ambiental do xogo e cos Freakers (os infectados). Nalgúns casos tamén poden desaparecer as liñas de diálogo durante a partida, obrigando a reiniciar.

Porén, parece que Bend Studios non se dorme e promete liquidar todos os erros detectados pola comunidade de xogadores e, de momento, xa conseguiu dar algunhas solucións a estes problemas de lanzamento.

Days Gone sitúanos na pel de Deacon, un moteiro estadounidense que tenta sobrevivir.

Mellor lanzamento físico en Reino Unido deste 2019

Nin Resident Evil 2, nin The Division 2, nin Metro Exodus. Days Gone conseguiu a mellor estrea do ano a nivel de vendas físicas nas illas británicas. Nin sequera a chegada de Mortal Kombat 11 conseguiu enturbar as súas cifras.

Queda lonxe do éxito inicial de God of War ou Marvel’s Spider- Man, pero é todo un logro para unha nova licenza que chega ao mercado. Semella que Deacon pasará a ser un personaxe reconocible no tempo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.