DB Super chega a Dragon Ball Z: Kakarot co seu primeiro DLC
Bandai Namco fixo os deberes e vén de ofrecer diversa información sobre o primeiro DLC de Dragon Ball Z: Kakarot. O RPG de Cyberconnect2 ampliarase con O espertar dun novo poder – Parte 1, que engadirá narrativa relacionada con Dragon Ball Super, seguindo o ronsel da obra orixinal.
Poderase xogar en calquera momento da historia e permitirá adestrar con Whis para alcanzar o famoso estado Super Saiyan God co que logo enfrontar a Beerus. Após alcanzaren esta forma na expansión, os xogadores poderán utilizala durante o resto do relato principal.
O seu lanzamento está previsto para primavera, intre no que tamén se lanzará un pack de música con 11 pistas novas e que será incluído na Ultimate Edition do xogo. Ao longo deste mesmo ano, chegará a segunda parte da expansión.
¿Puedes sentirlo? EL DESPERTAR DE UN NUEVO PODER: Parte 1, el primer DLC para Dragon Ball Z: Kakarot se acerca. ¡Prepárate para convertirte en Super Saiyan God y enfrentarte a Beerus!
Obtén el Season Pass para desbloquear este episodio en primavera. https://t.co/4Ggj2kZSp3 pic.twitter.com/qAgG1IfJMt— Bandai Namco España (@BandaiNamcoES) March 21, 2020




