Deacon St. John loita contra o reloxo por mellorar a súa aventura
Dúas novas actualizacións (1.06 e 1.07) en menos de 24 horas. Os traballadores de Bend Studio traballa arreo para solucionar os diversos problemas que os usuarios de Days Gone detectaron nos primeiros tras o seu lanzamento. Non son poucos. Despois da actualización 1.05 do 29 de abril, o estudio tratou de seguir puíndo as arestas da súa nova obra.
No parche 1.06 corríxense os problemas de audio que estaban toleando a boa parte dos compradores. De que se trataban? Desaparición do ruído ambiental, diálogos atrasados ou adiantados, respostas sen sentido, conversas acontecidas á vez tapando as secundarias ás principais, etc. Este parche tamén solucionaba algúns erros que chegaron coas anteriores, como o autogardado (creábanse distintos espazos na nube) e o nivel de dificultade (non se mantiña dun parche a outro).
O 1.07 lanzouse de maneira case inmediata, xa que a actualización anterior non chegou a funcionar todo o ben que debería. Moitos usuarios seguramente pasasen directamente á instalación deste parche de maneira automática se estiveron sen xogar un día.
Erros? Si, pero con éxito
Aunque la enorme cantidad de bugs que presenta Days Gone ha podido enturbiar su estreno, las ventas indican todo lo contrario. El exclusivo de Sony se ha alzado con la corona de título físico más vendido en Reino Unido en su primer fin de semana este 2019, superando otro gran lanzamiento de la semana pasada, Mortal Kombat 11.
Aínda que a enorme cantidade de bugs que presenta Days Gone puido enturbar a súa estrea, as vendas indican todo o contrario. O exclusivo de Sony alzouse coa coroa de título físico máis vendido en Reino Unido na súa primeira fin de semana este 2019, superando a outro gran lanzamento da semana pasada, Mortal Kombat 11.
Doutra banda, o traballo de Bend Studio semella estar a dar os seus froitos e conta coa aprobación da comunidade. A día de hoxe sitúase en Metacritic como un deses poucos videoxogos cunha mellor valoración polos usuarios (8.0) que pola prensa especializada (7.2). Os seus responsables, ademais, veñen de anunciar que en xuño lanzarán un primeiro DLC completamente de balde, incluirán un novo nivel de dificultade chamado Supervivencia e engadirán desafíos semanais relacionados coa motocicleta de Deacon, as hordas e o combate.