Dead Cells celebra os seus tres millóns de copias cunha nova actualización de balde

Un dos títulos indies con maior repercusión dos últimos anos, Dead Cells, está de celebración. Motion Twin vén de anunciar que a súa obra superou as tres millóns de copias vendidas. Co gallo desta cifra tamén lanzaron unha nova actualización de balde para o plataformas roguelike chamada Update of Plenty.
Este novo parche modificou case todos os sistemas do xogo que non estaban a funcionar como se tiña pensado. Así, e a modo de exemplo, atopamos unha mochila na que gardar unha segunda arma cando portemos outra a dúas mans. Todos os detalles desta actualización están dispoñíbeis nesta ligazón e xa se pode ser descargada por todos os posuidores dunha copia de Dead Cells en PC.
We're very happy to announce our 19th major update to Dead Cells, the Update of Plenty out now on PC. Oh and we've also gone past 3M copies sold of the game, which is surreal… Hope you like the changes: https://t.co/DrbD4RACp5 #gamedev #gaming #indiegame #Steam
— Motion Twin (@motiontwin) July 1, 2020