Actualidade Dead Cells recibirá unha actualización sorpresa este decembro

Dead Cells recibirá unha actualización sorpresa este decembro

Cun breve e efectivo comunicado na sua páxina de SteamMotion Twin fixo oficial que Dead Cells recibirá unha actualización máis antes de rematar o ano. Os creadores do exitoso xogo confirmaron que este decembro agardarn lanzar un parche que incluirá algunhas novidades para os seguidores da obra.

Que incluirá a actualización?

  • Unha nova arma
  • Un novo monstro
  • A Sala Lore
  • Novos skins
  • Un novo tipo de dieta
  • Algúns cambios que, nas súas palabras, «aínda estamos a probar»

Ao final do comunicado, Motion Twin sinala que nos próximos meses poderían anunciar algo «aínda máis grande», facendo referencia a outro rumoreado DLC. O anterior, que levou por título The Bad Seed, publicouse o pasado mes de febreiro e entre o seu contido exclusivo incluía un novo xefe final. Se queres ler a nosa análise de Dead Cells, podes facelo aquí mesmo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.