Actualidade Deadly Premonition 2 anuncia a súa data de lanzamento para Nintendo Switch

Deadly Premonition 2 anuncia a súa data de lanzamento para Nintendo Switch

Un dos títulos de culto da xeración pasada foi Deadly Premonition. O xogo de Access Games cultivou críticas dispares após a súa chegada en 2010 pero co paso dos anos foi adquirindo certo prestixio entre a comunidade, grazas a algunhas propostas arriscadas que introduciu entre as súas mecánicas. Agora, Nintendo vén de anunciar a data de lanzamento da súa esperada segunda parte. Deadly Premonition 2: A Blessing in Disguise sairá o 10 de xullo para Nintendo Switch.

Esta nova entrega actuará tanto de secuela como de precuela do título orixinal e que contará coa participación de Swery como director e deseñador. Durante o presente teremos que investigar un caso en Boston da man dos axentes do FBI Jones e Davis, mentres que a trama do pasado terá unha estrutura de mundo aberto en Le Carré con Francis York Morgan.

Podedes gozar do port da primeira entrega, Deadly Premonition Origins, que se lanzou de forma exclusiva para Nintendo Switch o ano pasado.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.