Death Stranding permitirá desmantelar vehículos coa nova actualización

Death Stranding permitirá desmantelar vehículos coa nova actualización

Kojima Productions anunciou no comezo desta fin de semana que estaba a preparar unha actualización para Death Stranding. O obxectivo é lanzala antes de que remate o ano e mellorar a experiencia dos xogadores. A través dun vídeo, o estudio amosa algunhas das melloras que desexa implementar.

Dunha banda, incorporarase a función de desmantelar vehículos —os usuarios expresaran días atrás o seu descontento após atopar camións que cortaban o acceso a determinados puntos do escenario—, doutra banda, poderase ver o escáner do odradek a través da carga de Sam —esta volverase transparente— e así non bloquear a visión do xogador.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados