Death Stranding adía a súa data de lanzamento para PC
Un xogo máis que enche á lista de lanzamentos atrasados por mor da crise sanitaria en todo o mundo. Kojima Productions vén de anunciar que a versión para PC de Death Stranding non chegará na data prevista. Programado para o 2 de xuño, finalmente os usuarios de ordenador terán de esperar até o vindeiro 14 de xullo para gozar da última obra de Hideo Kojima.
A finais de marzo, o estudio xaponés informou que contaba cun caso positivo por coronavirus nas súas oficinas, o que lles obrigou a tomar a decisión de pechar as súas portas, sendo este o motivo principal do atraso do xogo. Se queredes coñecer as nosas impresións sobre Death Stranding, podedes escoitar o monográfico exclusivo que lle dedicamos após o seu lanzamento, cando aínda era un xogo exclusivo de PS4.
Following the temporary closure of KOJIMA PRODUCTIONS, we have had to delay the PC launch of DEATH STRANDING to July 14, 2020, to allow more development time amidst the current work-from-home orders in place. Thank you all for your patience and continued support!#keeponkeepingon pic.twitter.com/euOmebcdQj
— KOJIMA PRODUCTIONS (Eng) (@KojiPro2015_EN) April 21, 2020