Death Stranding alcanza as cinco millóns de copias vendidas desde o seu lanzamento

Death Stranding alcanza as cinco millóns de copias vendidas desde o seu lanzamento

O último xogo de Hideo Kojima confirmou o seu éxito en vendas a través dun comunicado oficial no que informa sobre o fito de alcanzar os 5 millóns de copias vendidas. Death Stranding chegou no 2019 como unha proposta única, que contou co beneplácito da crítica e do público en xeral.

O  anuncio desta cifra foi realizado a través de declaracións a GamesIndustry.biz. Segundo indica Hai Boor, xefe de publicacións de Kojima Productions, o xogo cumpriu coas expectativas, tanto en PS4 como en PC. Emporiso, é máis que probable que esta cifra de cinco millóns aumente notablemente nos vindeiros meses, pois o lanzamento da versión Director’s Cut está próxima, e inclúe melloras visuais e de rendemento para os xogadores de PS5 —único sistema ao que chegará polo momento—, amais de novas misións, tramas, armas, vehículos e misións.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados